Caderno de Verán

O quen é quen da paisaxe

O concello de Allariz mesmo ten un concurso de xardíns efémeros (Foto: Vilas en flor)
O certame Vilas en Flor, que chega até a súa terceira edición, premia aquelas vilas con maior coidado polos xardíns e o paisaxismo. O evento está organizado pola Asociación de Viveristas del Noroeste e pola Asociación de empresas de jardinería de Galicia en colaboración coa Fundación Juana de Vega

Este ano o certame Vilas en Flor chega ao seu terceiro aniversario co interese dos promotores -a Asociación de Viveristas del Noroeste (Asvinor) e a Asociación de empresas de jardinería de Galicia (Agaexar)-, da Fundación Juana de Vega, que colabora na organización, e dos concellos intacto. O fechamento non permitiría limpar e coidar ao mínimo detalle os xardíns e parques municipais pero o galardón ao mellor traballo de paisaxismo da Galiza segue adiante. 

Pedro Calaza, que é o voceiro da iniciativa, conta que na primeira edición a participación "foi tímida". Só se sumaron cinco pero en 2019 lograron a implicación de 16 vilas de todo o país. "Este ano alcanzaremos o umbral que nos puxemos", confía Calaza, que fala dunha trintena nun certame que non lles gusta chamar concurso.

Non queren amosalo así á sociedade pero o certo é que algúns participantes quedan cunha flor e outros son recoñecidos coas catro que entran en xogo cada ano. Poden darse empates como o do ano pasado entre Chantada e Allariz. 

Calaza insiste en que os obxectivos son "mellora a estética", a saúde "ambiental" e a cantidade de espazos públicos verdes. Ademais, hai unha vertente económica ou social porque están a crear unha ruta entre os concellos mellor valorados para que o turismo interno e externo teña unha nova proposta de entretemento. 

Polo de agora non se fixeron públicos os lugares que amosarán ao xurado o seu saber facer coa verdes e as plantas. Antes de que a gala de Vilas en Flor decorra en Allariz en outubro os participantes teñen que facer fincapé nas súas vantaxes a nivel de "patrimonio vexetal, respecto medioambiental e sinerxias" con entidades como colexios ou asociacións veciñais.