As queixas á Valedora seguen á alza: 26% dos expedientes de 2024 están relacionados con sanidade
A Valedora do Pobo, María Dolores Galiño, presentou esta sexta feira o informe anual correspondente a 2024, ano no que as galegas e os galegos presentaron un total de 16.562 queixas.
O informe anual da Valedora do Pobo correspondente a 2024, cuxas liñas desagregou a súa titular, María Dolores Fernández Galiño, reflicte que as queixas seguen, en cada exercicio, á alza. En síntese, en 2024, o número de expedientes situouse en 16.562 e, do total de asuntos abordados (4.155), prima de novo sanidade como área que máis preocupa aos galegos.
En concreto, o 26,4% dos asuntos están vinculados con sanidade —as queixas abordan as esperas sanitarias e a falta de médicos de familia e de pediatras, entre outras cuestións—.
Seguen Inclusión Social (con 530 asuntos desta área, un 12,87%); Educación (con 299, un 7,2%), corporacións locais e servizos municipais (con 294, un 7,08%) e emprego público (con 292, un 7,03%).
Do total de asuntos, a maioría (un 65%) afectan á Xunta da Galiza —sobre todo aos departamentos de Sanidade, Política Social e Educación)— e os 34% restantes, a deputacións e concellos.
As deputacións da Coruña e Pontevedra recibiron 16 e 14 queixas, respectivamente; mentres que Lugo e Ourense, 6 e 5. Mentres, por concellos, o que foi obxecto de máis queixas é o da Coruña (63), seguido de Santiago de Compostela (62) e Vigo (59).
[En ampliación]