Que Voltem a Casa denuncia "a vulneración de dereitos" d@s pres@s que serán xulgados pola Audiencia os días 24 e 25

A Aociación de familiares e amig@s d@s pres@s galeg@s amosou a súa solidariedade c@s independentistas a xulgar pola Audiencia Nacional española, e coas súas familias das que di, "padeceron un sufrimento innecesario". Imaxe: Galiza Contrainfo

 

Con motivo do xuízo que terá lugar os vindeiros 24 e 25 de xullo, a Asociación de familiares d@s pres@s Que Voltem á casa! lanzaron un comunicado para se solidarizar coas familiares d@s independentistas a xulgar pola Audiencia Nacional española, mais tamén para denunciaren o "sufrimento innecesario" que supon "a aplicación da lei antiterrorista", da dispersión penitenciaria e o réxime de illamento aplicado @s pres@s galeg@s.

No xuízo enfrentan cargos por pertenza a organización armada, falsificación de documentos e tenza de explosivos.

Nun comunicado, Que Voltem para a casa! enumera as “vulneracións de dereitos” da que, na súa opinión, son obxecto estes catro independentistas. Desde o “emprego sistemático da lexislación antiterrorista nos operativos policiais” até a “utilización desmedida e abusiva da prisión preventiva contras as persoas detidas na Galiza por causas políticas”. A estas engádense medidas como a “dispersión penitenciaria d@s pres@s políticos galeg@s en prisións españolas situadas a centos de quilómetros das súas moradas”. 

Que voltem á casa! amosa a súa adhesión aos contidos do Manifesto Cidadám de Solidariedade com os independentistas julgados em Madrid ao tempo que lanzan "un chamamento ao pobo galego" a multiplicar as mostras de apoio e solidariedade co@s imputad@s e exixir "a fin da política de dispersión" e o respecto "escrupuloso" dos dereitos fundamentais.