Primeira exhumación en Galiza para esclarecer o caso dun bebé roubado

O cemiterio da Coruña acolleu o que para a asociación SOS Bebés Roubados é a primeira exhumación no país por mor desta trama. É unha nena nada en 1977 no hospital da cidade herculina

No cemiterio de San Amaro da Coruña levouse a cabo a primeira hora da mañá desta sexta a primeira exhumación en Galiza dun suposto bebé roubado. Unha meniña nada na Coruña en 1977 Os seus restos serán levados a Barcelona para ser analizados e dentro de tres meses podería haber xa resultados.

Segundo informan desde Europa Press, tanto familiares como representantes de SOS Bebé Roubados de Galiza asistiron á exhumación, que foi solicitado por unha socia do colectivo, que sospeitaba que podía ser unha das afectadas por bebés roubados. Iniciou un proceso xudicial hai tres anos, canda outr@s aectad@s, mais o proceso arquivouse por “falla de probas”.

Por iso, a propia familia decidiu se facer cargo dos custos e proceder á exhumación dos restos desta nena.