Premiada unha viaxe en 3D ao Portomarín dos anos 50
Os investigadores da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Julio Vázquez Castro e Jesús Ángel Sánchez García obtiveron o recoñecemento 'Synergy Grant' no marco da selección de traballos dixitais sobre patrimonio cultural 3DBigDataSpace.
O proxecto distinguido é unha reconstrución virtual de Portomarín que corresponde cos anos 50 e 60 do século XX, concretamente con 1963, cando a vila foi asolagada por mor da construción do encoro de Belesar.
A través do Programa Synergy, os dous investigadores recibirán apoio específico para preparar os seus activos e metadatos 3D para que formen parte do Espazo Común Europeo de Datos para o Patrimonio Cultural Europeo de Datos para o Patrimonio Cultural, unha iniciativa paneuropeoa deseñada para que os datos dixitais do patrimonio cultural sexan máis accesíbeis, interoperábeis e reutilizábeis entre institucións de investigación, museos e público.