Os positivos en residencias de maiores galegas crecen 11,4%, até 889 persoas contaxiadas

Residencia de Barreiro, en Vigo (DomusVi).
Son 657 persoas usuarias destes centros e 232 traballadores e traballadoras. 

A cifra de casos positivos de coronavirus en residencias de maiores na Galiza volveu a crecer ao longo do domingo, 11,4%, o que significa un aumento de 68 contagios entre as persoas usuarias, que suman 657; e de 23 entre traballadoras traballadores, até os 232 en total.

Segundo o balance ofrecido esta segunda feira pola Consellería de Política Social, con datos actualizados a última hora do domingo, os casos confirmados de COVID-19 repuntan ao crecer un 11,4%, uns cinco puntos máis que o crecemento do sábado (+6,7%).

Así, dos 68 novos contagios entre os anciáns, a gran maioría (42) detectáronse na DomusVi de San Lázaro, en Santiago de Compostela, que conta agora cun total de 85 infectados.

Por outra banda, á vez que aumenta a cifra de maiores afectados tamén crece a de traballadores e traballadoras dos propios centros. Desde o domingo contabilizáronse 23 casos novos nos cadros, até os 232 en total.

O número de persoas falecidas pola COVID-19 nas residencias xa suoera as corenta.