O acusado ingresou na prisión

As Pontes amosa a súa repulsa ao ataque machista no que resultou ferida unha muller

[Imaxe: Galiza Contrainfo]

As Pontes acolleu na mañá do sábado unha concentración contra o acto de violencia machista que tivo lugar na quinta feira, cando un home disparou na cabeza a súa ex parella e se deu á fuga.

Máis de 300 persoas participaron na mañá do sábado nunha concentración de repulsa ao acto machista que tivo lugar a pasada quinta feira, día no que un home disparou na cabeza a súa ex parella cando paseaba polo centro da vila cunha amiga.

Após dispararlle, o home fuxiu nun taxi e a muller foi trasladada ao Hospital de Ferrol para curarlle as feridas superficiais que lle causaron os disparos. A muller xa foi dada de alta e interpuxo a denuncia contra a súa ex parella, que ingresou en prisión por tentativa de asasinato segundo vén de publicar La Voz de Galicia.