Pintadas homófobas na casa dun veciño que pendurou a bandeira arco da vella en Cabo de Cruz

“Casa do maricón” e a bandeira española apareceron pintadas na fachada do inmóbel.

Un veciño de Cabo de Cruz, no concello de Boiro, foi albo de pintadas homófobas na súa vivenda por pendurar dunha xanela a bandeira arco da vella, que simboliza a diversidade da comunidade LGTB. “Casa do Maricón”, “Maricón” ou a bandeira española apareceron pintadas no inmóbel.

“Abres a porta, ves isto e quédache un corpo... Pregúntaste como é posíbel que hoxe en día pase isto”, conta o veciño afectado, Pablo Chouza a Diario de Arousa.

Chouza, que vive coa súa compañeira e dous fillos na vivenda obxecto das pintadas homófobas, decidiu presentar denuncia no Cuartel da Garda Civil. “Non son neutral, non todas as opinións valen”, sinalou no mencionado diario.

A acción homófoba xa tivo resposta. O Club de Remo de Cabo de Cruz mosto unas redes sociais o seu apoio o veciño e rexeitamento da homofobia. Ademais, veciños e veciñas desta vila da beira norte da Ría de Arousa van pendurar nestes días a bandeira arco da vella das súas xanelas e ventás e apoio e solidariedade para con Chouza e a súa familia.