As persoas hospitalizadas por Covid-19 na Galiza superan as 800

Sanidade actualiza os datos Covid (Foto: M. Dylan / Europa Press).
Após os últimos datos, a Xunta da Galiza pide "extremar as precaucións" e vacinarse se aínda non se fixo.

Volve a subir a hospitalización na Galiza por casos de covid nas últimas horas até situarse nos 836 en total, tras 39 novos ingresos nun só día. Segundo datos desta terza feira, o Sergas detectou en 24 horas outros 1.512 positivos e os casos activos han chegaron a ser 14.754 -264 máis-. 

Así mesmo, os casos activos de covid-19 volveron a subir despois de que os datos de Sanidade do luns reflectisen unha baixada.

Por tanto, sitúanse en 14.754, que son 264 máis que a xornada anterior, despois de detectarse máis novos positivos (1.512) que altas (1.232), ao que se suman 18 novos falecidos notificados. En canto aos novos contaxios, o Sergas notificou 1.516 novos do domingo a luns -o período dos datos ofrecidos esta terza feira-.

O dato anterior, que se elevaba a 1.919, correspondíase a toda a fin de semana. Co protocolo actual xa non se contabilizan os autotest positivos e non se fan probas de diagnóstico a poboación en xeral, salvo á vulnerábel. 

Por outra parte, as vítimas da pandemia da Covid-19 na Galiza rexistradas na web do Sergas elévanse en 3.624, que son 18 máis que as que figuraban na páxina o luns.

En concreto, estes óbitos, todos eles con patoloxías previas, correspóndense ás xornadas da sexta feira, sábado e domingo. 

O Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, fixo un chamamento a "extremar as precaucións" diante o aumento de casos na Galiza, á vez que pide que os que non se vacinaron fágano.

Por este motivo pediu á poboación que "extreme as precaucións" tras "unhas semanas de relaxación" que "xera o que xera", comentou en relación ao incremento de casos activos e hospitalizados