O persoal sanitario recibe a Feijóo cun protesto no CHUAC

[Imaxe @jcabalar]

Profesionais da saúde denunciaron o proceso de privatización da sanidade pública con apupos a Feijóo na súa visita inaugural ás novas Urxencias do CHUAC.

 

Cada vez que @s responsábeis polític@s de Sanidade en Galiza se achegan a algún centro hospotalario, @s profesionais da saúde recíben@s con apupos. Após o acontecido coa conselleira Rocío Mosquera en Ferrol --en que dous afiliados da CIG remataron detidos-- foi o propio presidente da Xunta o 'escrachado' ás portas da nova planta de Urxencias do Centro Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). 

O líder do executivo galego acudiu esta segunda feira até o hospital coruñés para inaugurar a nova planta de Uxencias. Ás portas do CHUAC ducias de profesionais da saúde agardábano con faixas e cartaces en que se podían ler frases en defensa da sanidade pública.

Acarón de Núñez Feijóo atopábase o acalde da cidade, o popular Carlos Negreira. Ambos os dous evitaron acceder ao CHUAC pola porta principal na que agardaban @s manifestantes.