A peritaxe confirma a manipulación do disco duro de Déborah Fernández

O único imputado pola desaparición e morte de Déborah Fernández, a súa entrada ao xulgado de Tui. (Foto: Javier Vázquez/Europa Press)
Integrantes da familia de Déborah Fernández cualificaron  este feito como "gravísimo", e insistiron en que deben ser investigados.

Os peritos da empresa Lazarus Technology chamados a declarar esta quinta feira confirmaron que o disco duro do ordenador de Déborah Fernández, a rapaza asasinada en 2002 despois de de pasar varios días desaparecidas, foi manipulado.

Nunha declaración por videoconferencia ante a xuíza de instrucción número 2 de Tui, ratificaron as conclusións achegadas no seu informe preliminar en relación ao estudo do disco duro da vítima mortal.

Na súa comparecencia, os expertos reiteraron que o disco duro foi manipulado por alguén con coñecementos avanzados e que se borraron arquivos da internet, correos electrónicos e mensaxes da aplicación Messenger, ademais de manipularse gran cantidade doutro tipo de arquivos.

Así mesmo, ratificaron "sen ningunha dúbida" que dita manipulación produciuse nalgún momento despois de que o dispositivo fose recollido pola Policía, en 2006.

A familia pide investigalo

Integrantes da familia de Déborah Fernández cualificaron  este feito como "gravísimo", e insistiron en que deben ser investigados.

Os familiares teñen esperanza de que a xuíza de instrución acorde a apertura dunha peza separada para determinar se se cometeu algún delito con respecto á custodia e eventual manipulación do dispositivo electrónico.

De feito, os seus letrados xa solicitaron que se librase oficio á Dirección Xeral da Policía para que certifique a cadea de custodia do disco duro desde o momento en que foi recollido e as persoas que tiveron acceso ao mesmo.

Igualmente, pediron que se solicite a mesma información da Garda Civil, que tivo nas súas dependencias o dispositivo, e do propio xulgado. Tamén pediron que se remita o informe á Fiscalía de Pontevedra.