Núñez Feixoo prevé reducir as restricións en "moitos municipios" desde mediados de agosto

Varias personas na terraza dun bar en Ribadeo. (Carlos Castro/ Europa Press).
O presidente da Xunta avanzou, ademias, que Galiza abrirá 25.000 novas autocitas de vacinación para a xente moza de entre 16 e 22 años.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, sinalou, após a última reunión do Comité Clínico, que as autoridades sanitarias esperan poder relaxar as restricións fronte á Covid-19 en "moitos municipios" da Galiza na terceira semana de agosto.

En declaracións aos medios en Ribeira, o presidente galego ratificou que Galicia roza o pico da quinta vaga, polo que entre finais desta semana e principios ou mediados da que vén, após unha fase de meseta, empece a descender tanto o número de contaxios como a hospitalización en planta e en UCI no conxunto do territorio.

Feixoo vinculou a mellora dos datos coas últimas medidas tomadas -xa que o ciclo epidemiolóxico de 15 días está a concluír e os datos "melloran"- á vez que avanzou que o comité experto podería adoptar novas medidas de restricción, máis xenerosas na terceira semana de agosto.

"Moitos concellos, incluídas cidades, van baixar a niveis medios se todo segue comportándose como se está comportando. Poderemos abrir cidades e outras localidades a posicións máis tranquilas", avanzou, antes de lanzarunha advertencia: que poida adoptarse este alivio vai depender finalmente do "comportamento social, de non facer botellóns" e de non favorecer a expansión do virus con actitudes pouco seguras en reunións sociais.

Autocita

Doutra banda, Núñez Feixoo, anunciou que, tras fixar as necesidades de doses para as repescas, Galiza abrirá de inmediato até 25.000 autocitas máis para mozos de entre 16 e 22 anos, franxa de idade na que se rexistra na comunidade "un incremento moi importante" de contaxios no marco da pandemia.

Será nos próximos días "e anunciarémolo con antelación para seguir incorporando aos mozos con incidencia máis alta" á vacinación masiva. "Espero que estas 25.000 citas as poidamos implementar a finais desta semana para empezar a próxima coa vacinación de entre 22, 21 e 20 anos", dixo Feixoo.

Aínda que inicialmente esta opción ía dirixida a persos mozas "con maior necesidade", que teñan que realizar viaxes de estudos ou saídas da Galiza, o xefe do Goberno galego aclarou que poderá acceder á autocita o conxunto da poboación de entre 16 e 22 anos.

Quen non consiga cita por esta vía, precisou, recibirá a chamada 'forzada' habitual que o Servizo Galego de Saúde segue a realizar por orde cronolóxica de idade.