Oito novos casos elevan a 47 os positivos polo foco relacionado co ximnasio de Arteixo

CHUAC

O brote de COVID-19 relacionado cun ximnasio situado no núcleo de poboación de Meicende, no concello de Arteixo, alcanza xa os 47 contaxiados, ao sumar oito positivos máis nas últimas horas, segundo informa o  Servizo  Galego de  Saúde (Sergas).

A orixe do brote sitúase nun usuario dese ximnasio que tamén traballa como porteiro dun pub de Santa Cruz, en Oleiros, local que foi pechado hai días.

No centro situado en Meicende suspendéronse as clases, pero o rastrexo dos contactos realizado pola área Sanitaria da Coruña orixinou a detección destes novos casos, que xa están illados e en seguimento domiciliario.

Un dos positivos é o dun vixiante do centro cívico de Monte Alto, usuario tamén do ximnasio, así como traballador do matadoiro municipal da Coruña.