Novo mapa de concellos galegos en alerta máxima pola pandemia

Mapa do coronavirus (Imaxe: Sergas)

Son 47 municipios en Nivel 3.

 

Os concellos galegos en alerta vermella pola incidencia da Covid-19 mantéñense hoxe en 47, os mesmo que a xornada de onte, despois de saír da lista A Cañiza -que pasa a nivel laranxa- e entrar Sanxenxo

.Mantéñense en vermello Ferrol, Narón, Fene, Pontedeume, Oleiros, A Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre, Carballo, Malpica de Bergantiños, Vimianzo, Ordes, Santiago, Ames, Teo e Boqueixón.

Tamén Lalín, Vilagarcía, Cambados, Ribadumia, O Grove, Sanxenxo, Poio, Pontevedra, Marín, Moaña, Cangas, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona, Mos, Ponteareas, O Porriño, Salvaterra de Miño, Tui e A Guarda.

Lugo, Monforte, Viveiro, Cervo e Burela continúan no nivel 3, de alerta máxima. Tamén Xinzo, Ourense, Ribadavia e O Carballiño.

De acordo co mapa 'semáforo' que actualiza diariamente a Consellería de Sanidade, a gran maioría de concellos en situación 3 pola pandemia están situados nas provincias de Pontevedra (21) e A Coruña (17), seguidas de Ourense (4) e Lugo (5).

A entrada no nivel máximo de risco de todas estas localidades implica que se detectaron máis de 21 casos de coronavirus no últimos sete días.

Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o limiar para detectar o aviso vai en función do tamaño: Ferrol -máis de 76 casos nunha semana-, Pontevedra -máis de 96-, Santiago -máis de 112-, Lugo -máis de 112-, Ourense -máis de 120-, A Coruña -máis de 276- e Vigo -máis de 332-.

Mentres, en nivel 2 -na cor laranxa do mapa- sitúanse 23 concellos, cinco máis que onte. Cedeira, Valdoviño, Neda, Betanzos, Cerceda, Santa Comba, Noia, Sada, Mugardos, Cabana, Oroso e Ribeira.

Tamén Palas de Rei, Chantada e Bóveda, así como Barbadás e Verín. Completan a listaxe de concellos nese nivel os da Estrada, Gondomar, Caldas de Reis, Ponte Caldelas, Tomiño e A Cañiza.