Novo corte na A-52 á altura do Padornelo tras incendiarse un vehículo

Vehículo incendiado na A-52 (Foto: Subdelegación do Goberno en Zamora).
A vía A-52 cortouse este domingo polo incendio dun camión entre o quilómetro 117, á altura de Vilavella, e o quilómetro 107, en Lubián (Zamora).

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) comunicou un novo corte na A-52 para acondicionar o firme despois de que o domingo se vise afectado polo incendio dun camión.

En concreto, o corte afecta a esta vía á altura da localidade do Padornelo, en sentido Vigo, segundo confirman desde o Centro de Xestión de Tráfico.

A vía cortouse este domingo polo incendio dun camión entre o quilómetro 117, á altura de Vilavella, e o quilómetro 107, en Lubián (Zamora).

O incendio do camión comezou ás este domingo, 27 de agosto.

Aínda que, se abriu a última hora, na mañá desta segunda feira o operativo de mantemento de estradas do Estado volveu á zona para acondicionar o firme afectado polo accidente, por iso é polo que se volveu a cortar.

Desvío de vehículos

A Garda Civil está a desviar aos vehículo que circulan en dirección a Galiza pola nacional.

A previsión é que o tráfico na autovía sexa restabelecido na zona ao redor das 13.30 horas desta segunda feira, segundo trasladou a Garda Civil de Ourense.