Novo asasinato machista, desta volta en Foz

María Elena Rodríguez Quiroga foi asasinada o 24 de abril polo seu compañeiro cunha arma de fogo que el propio construíra. O movemento feminista chama a se mobilizar para denunciar a violencia exercida contra as mulleres.

 

Máis un asasinato machista que eleva a 22 as mulleres asasinadas no conxunto do Estado español. María Elena Rodríguez Quiroga, natural de Segovia e veciña de Foz foi asasinada na quinta feira (24 de abril) polo seu compañeiro quen posteriormente se suicidou. 
 
O crime foi cometido cun arma de fogo que el propio construíra manipulando unha pistola de bengalas, segundo informou o delegado do Goberno español en Galiza, Samuel Juárez, após as pesquisas da policía. 
 
María Elena Rodríguez de 72 anos de idade é a terceira muller asasinada pola violencia machista no noso país no que vai de ano. 
  
O movemento feminista convocou concentracións de repulsa esta sexta feira en diversas localidades galegas.

  • A Coruña - luns 28 ás 20h no Obelisco (Movemento feminista d'A Coruña)
  • Compostela - luns 28 ás 20h Praza 8 marzo, Porta do Camiño (Movemento feminista de Compostela)
  • Ourense - luns 28 ás 20h diante da Subdelegación do Goberno, Parque San Lázaro (Marcha Mundial das Mulleres)
  • Foz - luns 28  ás 20h na Praza do Concello de Foz (Observatorio da Mariña pola Igualdade)