Nai e pais do IES Agra de Raíces protestan contra os recortes en profesorado
As nais e pais do estudantado do IES Agra de Raíces de Cee concentráronse esta sexta feira ás portas do centro para protestas contra os recortes educativos da Xunta da Galiza e a falta de solucións por parte da Consellaría de Educación.
Nos cursos pasados o centro contaba con dúas pedagogas terapéuticas (PT), unha coidadora e unha especialistas de audición e linguaxe; porén, este curso comezou cunha soa PT e unha coidadora para todo o centro, cando as necesidades se triplicaron ao aumentar o número de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE). Varias familias presentaron reclamacións individuais ante a Consellaría de Educación para que denunciar que as súas fillas e fillos non contan coa educación inclusiva que garante a lei vixente.
As mobilizacións desta sexta feira contaron co apoio do BNG da Costa da Morte e na que estivo presente o deputado comarcal Oscar Insua, que reclamou á Xunta que atenda ás reivindicacións das familias , por tratarse dunhas demandas que son de xustiza. O BNG presentou, o pasado 15 de setembro, varias iniciativas no Parlamento galego para instar á Xunta da Galiza a necesidade de incorporar máis docentes especialistas en atención a alumnado con necesidades especiais nos centros do Concello de Cee.