REDE GALEGA

Novas mobilizacións en Galiza en apoio ás persoas refuxiadas

[Imaxe: United Nation Photo] Refuxiados

Terán lugar entre o 18 e 20 de xuño en oito cidades e vilas galegas.

A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas, formada por máis de 70 entidades, convoca novas mobilización en toda Galicia co gallo do 20 de xuño, Día Mundial das persoas refuxiadas. Baixo o lema 'Non ás guerras. Rachemos coas fronteiras' A Coruña, A Guarda, Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo acollerán estas concnetracións.

Algunhas das demanas que se realizarán nestas concentracións serán as exixencia de rutas legais sen condicións; o cumprimento dos convenios internacionais en materia de asilo e refuxio; que se revise en profundidade a política migratoria e exterior europea; e o respectos dos dereitos humanos das persoas que se viron obrigadas a fuxir da guerra, a violencia e a fame.

Lugar, hora e día das concentracións:

A Coruña. 19 de xuño, ás 12 horas, dende o Orzán. 
A Guarda. 18 de xuño ás, 20 horas, dende a Alameda.
Compostela. 19 de xuño, ás 12 horas, dende a Alameda.
Ferrol. 19 de xuño, ás 12 horas, dende a Praza España.
Lugo. 20 de xuño, ás 20 horas, diante do Edificio da Xunta
Ourense. 20 de xuño, ás 20:30 horas, dende a Subdelegación do goberno
Pontevedra. 19 de xuño, ás 12 horas, na Praza da Peregrina.
Vigo. 19 de xuño, ás 11:30 horas, na Doblada