Nova repunta nos contaxios na Galiza: 626 en 24 horas

(Foto: Europa Press)

Son 200 máis ca onte.

Galiza suma 626 casos de Covid-19 confirmados por PCR nas últimas 24 horas, deles 187 na área de Vigo e 120 na da Coruña e Cee, nunha xornada na que volven a repuntar os contaxios, ao superarse nuns 200 os dem onte.

Así se reflicte nos datos actualizados na web da Consellería de Sanidade na mañá de hoxe con cifras até as 18:00 horas desta terza feira, recollidos por Europa Press, nos que se indica que a área sanitaria de Santiago e Barbanza suma 89 casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas; 72 a de Lugo; 64 a de Ferrol; 52 a de Pontevedra e 42 a de Ourense.

En canto aos casos activos de coronavirus na Galiza volven experimentar unha repunta, ao sumar 266 con respecto aos datos da xornada anterior e soben en todas as áreas sanitarias salvo na de Ourense, na que descenden en 61 até os 1.211.

Mentres, increméntanse a 2.271 na de Vigo -145 máis que este marte--; a 1.668 na da Coruña e Cee -65 máis-; a 1.350 na de Santiago e Barbanza -dúas máis-; a 1.097 na de Pontevedra -52 máis-; a 1.029 en Ferrol -47 máis- e a 1.016 na de Lugo -53 máis-.

As PCR realizadas ascenden a 713.800, fronte ás 706.326 da xornada anterior.

Até a data faleceron na Galiza 951 persoas con Covid-19, tras as últimas sete vítimas mortais notificadas na tarde de onte pola Consellería de Sanidade, que indicou que polo menos dúas dos casos procedían de residencias de maiores. Todos os falecidos presentaban algunha patoloxía previa.