Nos dous últimos anos aprobáronse 150 medidas para impoñer o castelán

Imaxe dun Consello de Ministros da anterior lexislatura. Foto: La Moncloa

Un informe de 'Plataforma per la Llengua' aponta a que na etapa do goberno en funcións de Mariano Rajoy (decembro de 2016-outubro de 2016) aprobáronse 52 destas medidas.

No 2015 e este 2016 que esá a piques de finalizar aprobáronse 153 medidas que impoñen o idioma español. Normas e disposicións que se aprobaron sobre diferentes eidos -desde etiquetaxe a ensino, pasando pola documentación ou dereito de información- e que marcan a prevalencia do castelán sobre o resto de linguas existentes no estado. Son as conclusións que tira a 'Plataforma per la Llengua', defínense como unha organización non gubernamental que traballa para promover o catalán como ferramenta de cohesión social, en dous dos seus documentos, e do que informa Vilaweb.

No primeiro documento, céntrase en seguir as pegadas das normas e disposicións que impoñen o castelán e foron aprobadas entre decembro de 2015 e outubro de 2016, cando o goberno español estaba en funcións. A plataforma cifra en 53 as medidas que se aprobaron nese período. Nun segundo documento, analiza e valora toda a normativa en materia lingüística aprobada ao longo do ano 2015 no estado español. Como recolle o portal catalán, en 2015 o goberno e Congreso español aprobaron 101 leis quede forma directa ou indirecta favorecen o castelán.

O estudo sinala que o 50% das disposicións que obrigan ao castelán refírense á documentación. Son normas que obrigan particulares e empresas a presentar ou dispoñer de determinada documentación en castelán.