Nova repunta dos contaxios detectados nestas 24 horas

Indicador dunha toma de mostras
Baixa a presión hospitalaria e o global de casos activios na Galiza, se ben estes aumentan nas áreas sanitarias de Santiago, Pontevedra, Ferrol e Lugo. 

A presión asistencial dos hospitalizados con Covid-19 na Galiza dá un pequeno alivio, con 55 pacientes ingresados todos eles en planta, aínda que sen cambios nos que se atopan en UCI, que se manteñen en 247. 

Así o recollen os datos publicados esta quinta feira pola Consellería de Sanidade, con rexistros até as 18:00 horas da cuarta, dos que se extrae que hai 247 pacientes con Covid en UCI en Galicia e 1.070 noutras unidades de hospitalización.

Por áreas sanitarias, as da Coruña e Ourense experimentaron unha maior caída dos hospitalizados. Así, a primeira ten 87 pacientes con coronavirus en UCI -dous máis- e 282 noutras unidades -24 menos-; mentres que a ourensá 

Por áreas sanitarias, os casos activos descenden nas de Ourense a 2.730 -o que supón 85 menos-; na da Coruña e Cee a 5.845 -son 44 menos- e na de Vigo a 3.830 -outros 37 menos-. Por contra, aumentan nas de Santiago e Barbanza a 3.418 -suma 52-; na de Pontevedra e O Salnés a 2.613 -engade 35-; na de Ferrol a 1.858 -supón 26 máis- e na de Lugo a 2.105 -unha ducia máis-.

Os contaxios diarios -detectados con diferentes tipos de probas- aumentan a 1.183, tras a repunta rexistrada a xornada anterior, deles 1.091 positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas. 

En canto á taxa de positividade -porcentaxe de infeccións por PCR realizadas- subiu até un 9 %  após situarse nun 7% a xornada anterior, polo que segue por riba do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia e do que Galiza non baixa desde o 24 de decembro.

Até a data faleceron 1.880 persoas con Covi-19, após informar a Consellería de Sanidade de 37 falecementos nas últimas horas -que corresponden a varios días-. Trátase da segunda maior cifra comunicada desde o inicio da pandemia.