IMPULSADO POLO BNG

Nace un “espazo cidadán” nas redes para denunciar as deficiencias do novo hospital de Vigo

Serafín Rodríguez e Carme Adán

As queixas e denuncias que aí se reciban serán levadas ao Parlamento de Galiza pola formación nacionalista.

O BNG vén de activar nas redes sociais un espazo de denuncia cidadá para recoller todas as deficiencias que se rexistran no novo Hospital de Vigo, o 'Álvaro Cunqueiro'. A páxina web é www.denunciahospitalvigo.com

Calquera persoa poderá facer chegar a súa denuncia, en texto, fotografía ou vídeo, sobre deficiencias rexistradas no HAC. Para iso habilitan varios medios de contacto, como son as aplicacións de mensaxería móbil o Whatsapp ou o Telegram, o correo electrónico, ou as redes sociais Facebook, Twitter e Instagram. “Queremos que a xente conte a súa experiencia, como padecen en primeira persoa as eivas do hospital para que se coñeza publicamente”, manifestou Serafín Otero, responsábel de Acción Institucional.

A idea dos e das nacionalistas é que este fluxo de denuncias cheguen ao Parlamento de Galiza, para desta maneira visibilizar o enorme descontento social que produce “un hospital privado, con menos servizos e dotacións das previstas e con graves problemas de funcionamento”, segundo afirmou Adán.