Un mercante fica á deriva a menos de tres millas de Punta Candieira, en Cedeira

Centro de Salvamento Marítimo
O buque foi afastado da costa por un remolcador ata que logrou solucionar os problemas técnicos.

O buque mercante Aikaterini K, con bandeira de Panamá e once tripulantes a bordo, quedou sobre as 03:20 horas desta terza feira á deriva debido a unha avaría mentres navegaba a unhas 2,7 millas de Punta Candieira, no municipio de Cedeira, comarca de Ferrolterra.

O buque partira desde A Coruña sobre as 22:00 horas do luns con destino ao porto de coruñés de Cariño en lastre, tras descargar cebada. Segundo precisou Salvamento Marítimo, a esa hora as condicións meteorolóxicas na zona rexistraban ventos do nordeste, con forza 6/7.

Así, por orde da Capitanía Marítima de Ferrol, mobilizouse o remolcador Sertosa 26, que partiu do porto lucense de San Cibrao e que fixo firme o remolque sobre as 08:00 horas, afastando ao buque da costa. Posteriormente, o Aikaterini K solucionou a súa avaría e puido continuar a súa navegación a Cariño polos seus propios medios, largando o remolque o Sertosa 26.

Con todo, o buque foi escoltado até o porto de destino, onde atracou sobre as 13:30 horas, e foi escoltado polo Sar Gavia, de Salvamento Marítimo.