Multa de 2 millóns de euros a NCG Banco por infraccións graves na venda de preferentes

A CNMV sancionou á entidade por catro “infraccións moi graves” na comercialización destes produtos entre 2008 e 2011. Na Galiza hai 116.000 persoas afectadas. 


A Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) impuxo unha sanción de máis de dous millóns de euros a Novacaixagalicia (NCG) Banco –hoxe Abanca- por catro “infraccións moi graves” na venda de participación preferentes e subordinadas.

O organismo declara responsable á entidade resultante da fusión das caixas galegas por “deficiencias metodolóxicas” na comercialización de produtos híbridos entre os anos 2008 e 2011, segundo recolle a sanción publicada polo BOE.

Na Galiza hai 116.000 persoas afectadas polas preferentes e subordinadas, das cales 15.000 non recuperaron aínda os seus aforros.

A CNMV considera que Novacaixagalicia non informou debidamente aos clientes e clientas dos riscos destes produtos e tampouco facilitou a documentación precisa.

Na Galiza hai 116.000 persoas afectadas polas preferentes e subordinadas, das cales case 15.000 non recuperaron os seus aforros, segundo un informe do FROB. Vítimas dunha estafa cifrada en máis de 1.800 millóns de euros. A sanción coincide coa visita recente das plataformas de afectados á Unión Europea.