O movemento feminista reaxirá nas rúas contra máis un asasinato machista

Convoca concentracións nas principais cidades polo crime de Vigo.

 

Apenas cinco días despois do asasinato de Conchi en Ponte Sampaio (Pontevedra), María José foi asasinada esta quinta feira en Vigo. Perante este novo feminicidio o movemento feminista convoca concentracións nas cidades galegas. 

Na propia cidade olívica será esta quinta feira ás 20h. diante do MARCO. Mañá, 30 de outubro, terá lugar en Lugo (ás 20h), diante da Casa do Concello. Xa o sábado (31 de outubro) haberá concentracións, tamén ás oito da tarde, na Coruña (Obelisco), Compostela (Porta do Camiño), Ferrol (Praza do Concello), Ourense (na estatua da Castañeira, acarón da Subdelegación do Goberno) e en Pontevedra, diante da Audiencia Provincial na rúa Rosalía de Castro. 

As convocatorias foron lanzadas baixo o lema 'Xuntas remataremos co patriarcado criminal'.