A "morte" pide o traslado de Catoira: a singular protesta da veciñanza pola falta de persoal médico
A Plataforma Centro Médico de Catoira leva 11 semanas concentrándose diante do Centro Médico para denunciar a falla de persoal e medios. Esta cuarta feira optaron por pór humor á protesta e "escenfificaron" como a morte "sobrecargada de traballo, traspasa as súas funcións".
O acto comenzou informando que 10 minutos antes da hora de inicio da concnetración chamou o xerente de Sanidade, José Flores, a un membro da plataforma informando que desde o Sergas ían adoptar medidas para reverter a situación.
Mais "a veciñanza desconfia destas informacións e seguiu adiante co concentración", informan desdea Plataforma. A mobilización, explican, quixo escenificar as diferentes doenzas que sofre a veciñanza de Catoira pola falta de médicas e a ausencia da ambulancia medicalizada.
"A figura da morte manifestouse e quedou abrumada pola cantidade de traballo que pode chegar a ter" neste concello.
A veciñanza continúa adiantec oa recollida de sinaturas para que se atendan as súas demandas.As sinaturas que se recollan estas semanas serán entregadas o vindeiro 3 de setembro no Hospital do Salnés.
A médica Antía segue de baixa e non hai substitución, a médica María ten que ter ocos para os pacientes de Antía e se ten que facer reforzo noutro centro médico, ao día seguinte non acude a Catoira, co cal quedamos sen médicas”, denunciaba a plataforma a semana pasada.