Morre un neno de dous anos nun accidente doméstico nun domicilio da Coruña
Un neno, duns dous anos de idade, faleceu nun accidente rexistrado na noite do domingo nun domicilio da rúa Anxo Senra da cidade da Coruña.
Segundo informou o CIAE 112 Galiza, un veciño chamou ás 23.20 horas para alertar de que o menor non reaccionaba. Pola súa parte, fontes consultadas sinalaron que o menor ten uns dous anos de idade.
Tras recibir a alerta, o CIAE 112 Galiza informou ao Servizo de Urxencias Sanitarias da Galiza-061, así como á Policía. Unha vez no lugar, os servizos de emerxencias confirmaron o falecemento do menor.
A policía investiga os feitos, aínda que todo indica que puido enredarse cos tiradores dun estor. Ademais, para ofrecer apoio especializado á familia, activouse ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (Gipce) do Colexio Oficial de Psicoloxía da Galiza.