Morre un mozo de 27 anos tras saírse da vía e caer ao río en Pol
Un mozo de 27 anos faleceu este sábado tras sufrir unha saída de vía e caer ao río Azúmara, ao seu paso pola localidade de Pol, na comarca de Meira
Ocorreu á altura do punto quilométrico 103 da estrada LU-P-1611 sobre as 23.00 horas. Nese momento, un particular alertaba o 112 Galiza de que un vehículo sufrira unha saída de vía e caera ao río.
Ademais, na súa comunicación, sinalaba que o condutor podía estar atrapado.
Con esta información, os operadores da central de emerxencias avisaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galiza-061, á Garda Civil de Tráfico, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Pol e aos Bombeiros de Vilalba, que tiveron que empregar material de excarceración para liberar o condutor e único ocupante do vehículo.