O Ministerio de Sanidade ficha a alto cargo do Sergas imputada por homicidio imprudente

Protesto da Plataforma de afectados pola Hepatite C

Carolina Gonzalez Criado, subdirectora xeral de Farmacia, está imputada por delitos de homicio imprudente e prevaricación no caso da hepatatite C.

O Ministerio de Sanidade fichou a subdirectora xeral de Farmacia da Xunta, segundo publica o xornalista José Precedo en Eldiario.es. O alto cargo da Xunta de Feijóo está imputada por homicidio imprudente e prevaricación  no caso da Hepatite C.

 

Carolina Gonzalez Criado incorporarase a partir do 1 de abril ao Ministerio de Sanidade para realizar un estudo sobre a área farmacéutica. Após diso, case que con toda seguridade asumirá o cargo de subdirectora xeral de calidade do medicamento.

 

Carolina Gonzalez é una dos altos cargos do Sergas imputado no caso da Hepatite C. Informes médicos advertían os seus superiores que en varios hospitais galegos estábase a prescribir medicanmentos “non adecuados” a enfermos de hepatite, no canto de subministrar Sovaldi, un medicamento moi caro naquela altura e que precisan os enfermos desa enfermidade.

 

Desde a Plataforma de persoas afectadas pola Hepatite C, personada na causa que se investiga nun xulgado de Santiago, consideran que o nomeamento é una “burla” e que se está a premiar a esta persoa.