Semana Santa: proposta para fechar a hostalaría e a actividade non esencial ás 20:00 horas

Imaxe dun control de mobilidade nunha estrada na Galiza (Foto: Arxina)

A proposta debaterase na comisión interterritorial de hoxe.

Non está o forno para bolos. Esa é a sensación de Goberno estatal e de moitos Gobernos autonómicos, onde o freo nas baixadas nos contaxios (incluso aumento nalgúns territorios) e a cuarta onda que ensina a pata en Europa xeran preocupación.

O Ministerio de Sanidade propón fechar a hostalaría e a actividade non esencial ás 20:00 horas en Semana Santa. É a proposta que se debaterá hoxe na comisión interterritorial.  O conselleiro de Sanidade, García Comesaña,  informou que recibiu a proposta do Ministerio para realizar máis axustes. Unha sondaxe por parte do Executivo estatal de cara á xuntanza desta cuarta feira.

Actualmente, na Galiza o horario de fechamento da hostalaría na maior parte dos concellos é as 21:00 horas. 

"A curva deixa de descender". advertiu o conselleiro, en referencia aos casos de contaxios de coronavirus. "Estamos nunha fase de meseta", engade.  Nos últimos 7 días 184 concellos non notificaron ningún caso mais a prudencia ten que seguir  ser a norma.  García Comesaña incidiu en que os datos convidan a continuar a ser cautos e por iso pediu que a mobilidade fose a estrictamente necesaria, embora ser está libre e permitida na maioría do territorio galego.

Fechamentos e restricións

A Consellaría de Sanidade anunciou na noite desta terza feira que manterá as restricións máis elevadas, entre elas o fechamento perimetral e o paro da hostalaría, en dous concellos. Seguindo as recomendacións do comité clínico que asesora á Xunta sobre as medidas a tomar coa evolución da pandemia, o Executivo galego opta por estabelecer as limitacións do máximo nivel en Beade e Maside (este último repite despois do anuncio da pasada segunda feira).

Aliás, ao longo da reunión de traballo acordouse estabelecer o nivel alto de prohibicións nos municipios de Baiona, Sanxenxo, Vilardevós, Ortigueira, Neda (queda igual que a semana pasada), O Saviñao e Abegondo.

Algunhas das localidades xa ficaron nesta situación despois dos encontros da semana pasada, pero a evolución epidemiolóxica manté