Mina Touro – O Pino NON denuncia a carencia de licenza social do proxecto

[Imaxe: BNG] Faixa contra a mina de Touro

A plataforma veciñal que comanda a oposición á explotación dunha mina de cobre nos devanditos concellos demanda a necesidade “do aval da comunidade”.

A plataforma vecinal Mina Touro - O Pino NON denuncia a carencia de licenza social para o proxecto de reapertura da mina de cobre nos devanditos concellos.

Segundo explica a plataforma, a “licenza social para operar” é un concepto que vai “máis aló da licenza ambiental”, xurdido no marco da conferencia acerca da minería e a comunidade en Quito (Ecuador) en 1997.

“A licenza social”, engade Mina Touro – O Pino NON, “é o aval que unha comunidade dá a un proxecto, algo intanxible aparentemente, pero tan importante como calquera outro factor ponderable”. “Sen esta aprobación dunha ampla parte da poboación local e dos grupos de interese –organizacións sociais, locais, sindicatos, empresas, grupos económicos maioritarios, asociacións culturais, ambientais, profesionais, ONG…- non existe permiso”, conclúe.