Os militares españois retíranse da fronteira entre Galiza e Portugal

(Europa Press)

Estaban despregados nos puntos fronteirizos en apoio á Policía Nacional e Garda Civil.

O exército español retirarou o seu apoio á Policía Nacional e á Garda Civil na vixilancia dos postos fronteirizos do Estado español con Francia e Portugal, como no caso da Galiza, aínda que manteñen a súa presenza nos puntos de Ceuta e Melilla, así como na vixilancia de infraestruturas críticas e a seguridade dalgunhas centrais nucleares.

A 'Operación Balmis' incluíu a colaboración dos militares coas forzas de seguridade no estado de alarma.

Unha destas tarefas de colaboración foi a vixilancia das fronteiras para controlar que o tránsito de persoas cumprise as disposicións do estado de alarma. Entre elas, os puntos entre Galiza e Portugal.

O Ministerio de Defensa informou que este apoio xa foi retirado a petición do Ministerio do Interior. O cesamento desta función é ademais de moitas outras actividades que as Forzas Armadas deixan progresivamente de exercer nestes días dentro do proceso de desescalamento.

O pasado 16 de marzo, efectivos do Exército español despregábanse por cidades galegas como Vigo e Coruña ao abeiro do estado de alarma. Unha presenza que se foi ampliando a máis cidades e localidades nas seguintes semanas.