Tres militantes de Isca! a xuízo por reclamaren ‘traballo digno na nosa Terra’

isca

Hai semanas foron albo dunha sanción de 600 euros e agora reciben citación para seren xulgados polos mesmos feitos polos que foron multados.

 

Tres militantes de Isca! Terán que comparecer o vindeiro 18 de febreiro perante o xuíz a raíz dun mural elaborado na Coruña no marco dunha campaña na que a organización reclama “un futuro digno e sen explotación onde a mocidade galega non sexa condenada á pobreza, á precariedade, ao desemprego ou á emigración”. Estes tres militantes independentistas xa foran sancionados no seu día (600 euros de multa) por eses feitos, polo que Isca considera que con este xuizo se está a conculcar “o principio non bis in idem que establece que un mesmo feito non se pode analizar ou xulgar dúas veces”.

Isca enmarca estes feitos na “ persecución que se vén realizando aos movementos de resposta social” por parte do goberno local da Coruña, “unha política de aumento da presión policial, sancións administrativas”.

O mesmo día do xuízo -18 de febreiro a partir das 10:00 horas - Isca! convoca unha concentración. simbólica solidaria diante dos xulgados da Coruña.