Mauro Estévez Álvarez, primeiro bebé galego do ano
01 de xaneiro de 2025 (10:46 h.)
O pequeno naceu ás 00.17 horas no Hospital Provincial de Pontevedra.
Mauro Estévez Álvarez é o nome do primeiro bebé nado na Galiza no ano 2025. O nacemento, segundo vén de informar o Sergas, tivo lugar no Hospital Provincial de Pontevedra ás 00.17 horas, cun peso de 3,060 kg. É fillo de Andrea Estévez Fernández e César Álvarez García.
Segunda en nacer neste Aninovo foi Nora, no Hospital Clínico de Santiago de Compostela, sete minutos despois de Mauro, ás 00.24 horas. Filla de María e David, chegou ao mundo cun peso de 3,330 kg.
O terceiro nacemento do ano no país foi o de Amanda, ás 00.39 horas, filla de Sabrina e Luisar. A súa nai deu a luz no Hospital Materno Infantil Teresa Herrera da Coruña e a bebé pesou 2,880 kg.