Matan dunha malleira en grupo un mozo de 24 anos na Coruña

Xulgados da Coruña.

Unha malleira propinada por un grupo de persoas acabou coa vida dun mozo de 24 anos na madrugada deste sábado 3 de xullo na Coruña.

Un mozo de 24 anos morreu na madrugada deste sábado 3 de xullo na Coruña a consecuencia das feridas provocadas por unha malleira propinada por un grupo de persoas.

Segundo fontes próximas ao caso consultadas por Europa Press, o suceso tivo lugar minutos despois das 3 horas da madrugada deste sábado á altura do Hotel Riazor da cidade herculina.

O mozo, duns 24 anos de idade, faleceu polos golpes recibidos por un grupo de persoas.

O caso, sobre o que a xuíza de instrución decretou o secreto de sumario, está a ser investigado pola Policía Nacional.

O rapaz foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, onde se confirmou a súa morte. Aínda non se informou de detencións.