O marxista arxentino Néstor Kohan, en Galiza

Participa nunha serie de actos organizados por Agora Galiza.

Co gallo do 200 aniversario do nacemento de Karl Marx están a decorrer en Galiza diferentes iniciativas e actos, organizados por diversas entidades, colectivos e organizacións. Entre elas,as organizadas por Agora Galiza e que teñen como obxectivo “refletir sobre a vigência e necessidade do marxismo”.

 

Convidado por Agora Galiza o intelectual marxista arxentino Néstor Korhan participará en Compostela na iniciativa “Vigência e necessidade do marxismo para a Revoluçom Socialista”, programada para esta fin de semana. É a súa terceira visita a Galiza, anteriormente estivera convidado por Primeira Linha.

 

A Sexta-feira 9 de novembro ás 19.30h, intervirá nunha palestra na aula 8 da faculdade de Xeografia e Historia da USC, onde centrará a sua intervención na presentación da antoloxia “Comunidad, nacionalismos y Capital. Marx 200 años”.

 

Sábado 10 de novembro impartirá un curso de marxismo na sede nacional de Agora Galiza [Costa do Vedor 47, rés-do-chao, de Compostela]