Primeira investigadora do Estado que o recibe

Marilar Aleixandre, premio Distinguished Contribution en didáctica das ciencias

A profesora e investigadora Marilar Aleixandre. Foto: cedida.

Marilar Aleixandre, profesora ad honorem da Universidade de Santiago e colaboradora de Sermos Galiza, acaba de ser galardoada co premio á Contribución Sobresaliente 2019 que outorga a organización mundial de investigación en didáctica das ciencias. É a primeira investigadora do Estado español en recibilo.
 

Ademais das numersoas publicacións, Aleixandre dirixiu proxectos de investigación financiados e ten ampla proxección internacional nas áreas de argumentación e prácticas epistémicas. Tamén salienta o seu papel na comunidade de investigadores ibero americanos e no estabelecemento da Asociación Europea de Investigación en Educación Científica. Todos estes foron méritos valorados pola National Association for Research in Science Teaching (NARST), promotora do galardón.

 

O Distinguished Contribution to Research Award [Premio á Contribución é “o máis importante na área de didáctica das ciencias”. Desde a súa creación, en 1986, só o recibiron catro investigadoras europeas. Recoñece cada ano “a traxectoria de quen a través de investigacións durante un longo período de tempo fixo contribucións continuadas e sobresalientes, forneceu un notábel liderado e tivo un impacto substancial na área de didáctica das ciencias”.