'Manitas crocantes’ e ‘Criollo mariño’ gañan o XII Santiago(é)Tapas

'Manitas crocantes', da Casa dos Xacobes, a tapa gañadora

Máis de 30.000 tapas e petiscos e máis de 2.000 cócteles. Ambas as dúas cifras mostran por si propias o éxito da XII edición do Santiago (é) Tapas, que se reforzan cos 20.000 votos validados do público.

As propostas gañadoras foron:

Premio ao cóctel clásico Santiago(é)Cóctel 2019, dotado cunha cocteleira, un diploma e 500 euros, para ‘Expreso Martini’, de A Carrilana.

Premio ao cóctel creativo Santiago(é)Cóctel 2019, dotado cunha cocteleira, un diploma e 500 euros, para ‘A kind of magic’, de Pub Atlántico.

Premio Maridaxe Mahou Santiago(é)Tapas 2019, dotado cun diploma, unha figura, 500 euros en producto e un showcooking nun evento Mahou, para ‘Empanada líquida de bonito de Burela’, de Lume.

Premio Tapa do Público na categoría tradicional Santiago(é)Tapas 2019, dotado cun diploma, unha figura e 700 euros, para ‘Manitas crocantes’, de Casa dos Xacobes.

Premio Tapa do Público na categoría creativa Santiago(é)Tapas 2019, dotado cun diploma, unha figura e 700 euros, para ‘Lacón con grelos’, de Artesana.

Segundo Premio á Tapa Creativa Santiago(é)Tapas 2019, dotado cun diploma, unha figura e 500 euros, para ‘Coci-Dillo’, de Xuntanza.

Segundo Premio á Tapa Tradicional Santiago(é)Tapas 2019, dotado cun diploma, unha figura e 500 euros, para ‘Mexillón viaxeiro’, de A Viaxe.

Primeiro Premio á Tapa Creativa Santiago(é)Tapas 2019, dotado cun diploma, unha figura e 1.000 euros, para ‘Criollo marino’, de O Ferro.

Primeiro Premio á Tapa Tradicional Santiago(é)Tapas 2019, dotado cun diploma, unha figura e 1.000 euros, para ‘Manitas crocantes’, de Casa dos Xacobes. 

A tapa da Casa dos Xacobes, ‘Manitas Crocantes’, representará a Santiago no concurso ‘De tapas por Galicia’, organizado por Turismo de Santiago, xa que foi a que maior puntuación obtivo unha vez ponderados os votos do público e do xurado profesional.

O XII Santiago(é)Tapas, o concurso de tapas de Santiago no que participaron 109 petiscos, é un evento promovido por Turismo de Santiago, organizado pola Asociación Hostelería Compostela, co apoio da Deputación de A Coruña, e o patrocinio de Mahou.  O I Santiago(é)Cóctel é un concurso organizado pola Asociación Hostelería Compostela, que nesta primeira edición contou con 25 cócteles participantes.