Manifestación nacional por un “auténtico plan de rescate” para a hostalaría

Imaxe de arquivo dunha protesta do sector (Foto: Arxina)

Este sábado en Compostela, convocada pola Plataforma pola Defensa da Hostalería de Galiza.

“Somos empresas intervidas polo Goberno, pechadas por imperativo, e cun nivel de débeda acumulada insostible. É a responsabilidade legal dese mesmo Goberno dar viabilidade ás nosas empresas, non tendo que ser nós quen de cargar co custe desta Pandemia”. Así se manifesta no comunicado da Plataforma pola Defensa da Hostalería de Galiza para a convocatoria da manifestación nacional que este sábado, día 13, terá lugar en Santiago de Composterla a partir das 19:00 horas e con saída desde a Alameda, coincidindo con que a pandemia fai un ano.

“Un ano de peches continuados, restricións sin pé nin cabeza que ao sector de hostalería e a todos os que del viven están levándonos a unha situación sin retorno”, denuncian desde a Plataforma.
Este colectivo encargou a expertos, hostaleiros e economistas a elaboración dunha proposta para un “verdadeiro” plan de rescate, O plan da Xunta, advirten, non serve.

Ademais, a Plataforma remitiu unha carta ao presidente da Fegamp co obxectivo de facela chegar a todos os concellos e alcaldes de Galiza, “como reacción dun documento asinado por Alfonso Rueda, no que di que o (mal chamado) I Plan de rescate da Xunta está abonado na súa totalidade. Nós temos a capacidade absoluta de certificar que NON É correcto. Hai moitos hostaleiros pendentes do cobro desa axuda”