Máis unha sexta feira de loito na CRTVG, desta volta contra a privatización e externalización

Camiño de seis meses de mobilización do persoal dos medios públicos galegos.

Máis un ‘venres negro’ convocada polo persoal da CRTVG e xa van 24. Camiño de seis meses de mobilización na defensa dunha radio e televisión galega como servizo público. O que comezou como un protestos contra a censura e manipulación foi gañando corpo, contido e demandas. Nesta sexta feira, o persoal critica as privatizacións, desmantelamento e externalización que denuncia que se da desde hai uns anos na CRTVG.

 

“Os servizos informativos van ser o único que nos quede”, afirmaba na comisión parlamentar o director xeral da CRTVG. Unha frase que para os traballadiores e traballadoras amosa o obxectivo e finalidade da actual dirección dos medios públicos galegos e do gobernó: baleirar de contados propios a televisión e radios galegas.

 

“Non ás follas de ruta privatizadoras”, “Cremos na recuperación da credibilidade, da pluralidade, da produción propia, na reapertura das delegacións e na reversión do desmantelamento. Agonizan, pero aínda se poden recuperar”. Son algunas das mensaxes que nas redes sociais se espallaron esta sexta faiera da man do cancelo # #VenresNegro24CRTVG