Máis unha muller asasinada pola violencia machista eleva a 5 a cifra oficial de xullo

O asasino suicidouse con posterioridade.

 

Esta sexta feira (15 de xullo) rexistrouse máis un feminicidio no Estado español, o quinto no que vai de mes --segundo as cifras oficiais. Isto é, cinco mulleres en quince días. 

Nesta ocasión aconteceu en Málaga onde foron atopados dous cadáveres no interior dunha vivenda familiar. Após as investigacións a Garda Civil confirmou que se trata dun crime por razón de xénero no que o asasino, o seu compañeiro, se suicidou con posterioridade. 

No que vai de ano a cifra ascende a 22, de acordo cos dados fornecidos polo Ministerio español de Sanidade. 

Na Galiza, en 2015, producíronse dous feminicidios, o de Beatriz Rodríguez (Arbo) e Isabel Fuentes (Ourense).