Máis de seis millóns de vacinas contra a Covid-19 son destruídas por estaren caducadas

VAcinas contra a Covid-19 (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
Ás máis de seis millóns de doses destruídas habería que sumar 256.230 de Pfizer/BioNTech, que, a data do 15 de decembro de 2022, se encontraban pendentes de destrución tras caducar en novembro.

O Ministerio de Sanidade e as Comunidades Autónomas xa máis de seis millóns (6.070.642) de dose de vacinas contra a Covid-19 porque caducaron, segundo unha resposta por escrito do Goberno español.

En concreto, de acordo con este documento, datado a 30 de xaneiro de 2023, levouse a cabo a destrución de 2.003.425 doses de Moderna, 1.170.100 de AstraZeneca, 620.635 de Janssen e 2.276.482 de Pfizer/BioNtech.

Estas cifras recollen tanto as levadas a cabo polos Gobernos autonómicos como as realizadas polos almacéns do Ministerio de Sanidade.

Segundo o Executivo estatal, neste momento nos almacéns temporais do Ministerio de Sanidade non hai doses caducadas destas vacinas.

Ás máis de seis millóns de doses destruídas habería que sumar 256.230 de Pfizer/BioNTech, que, a data do 15 de decembro de 2022, se encontraban pendentes de destrución tras caducar en novembro.

O Executivo lembra que, de acordo coa normativa vixente, calquera vacina caducada "debe ser destruída como se faría con calquera outro medicamento".

"O proceso de destrución das vacinas caducadas forma parte do desenvolvemento normal de xestión de produtos farmacéuticos", insisten.

Este proceso de destrución realízano as entidades designadas polas Consellarías de Sanidade para a xestión das vacinas.

No caso de vacinas caducadas que non foran distribuídas e depositadas nos almacéns do Ministerio de Sanidade, a súa destrución é realizada polo propio almacén adxudicatario, como un servizo máis na xestión de almacenaxe das vacinas.