Máis un novo feminicidio: asasina cunha machada a súa parella en Granada

Acto contra violencia machista

O home, de 72 anos, chamou a Garda Civil para dicir que matara a súa esposa. No que vai de ano 5 andaluzas foron asasinadas en crimes machistas.

Un home de 72 anos asasinou a súa compañeira, de 68 anos, nesta segunda feira en Armadilla (Granada), nun novo caso de violencia machista. El propio chamou a Garda Civil para confedsar que matara a súa muller e que tiña intención de se suicidar. Os axentes do instituto armado personáronse na morada e detiveron o home.

O Instituto Andaluz de la Mujer (IAM) atendeu durante o primeiro semestre de 2015 un total 61.163 mulleres, das que 10.378, un 16%, acudiron por violencia machista. No que vai de ano houbo 5 vítimas mortais por asasinatos machista en Andalucía.