Máis un ano, unha marcha reivindicou o traslado de Reganosa fóra da Ría de Ferrol

Foto: Comité Cidadán de Emerxencia

Trece anos desta iniciativa promovida polo Comité Cidadán de Emerxencia para que a planta de gas marche da Ría.

Máis un ano, e xa van trece, ducias de persoas tomaron parte na Marcha a pé contra Reganosa que convoca o Comité Cidadán de Emerxencia, unha iniciativa que mantén viva a demanda de que a planta de gas se traslade fóra da Ría de Ferrol.

A marcha a pé arrancou en Caranza e após unha breve parada de descanso, como é tradicional, no Pote, en Maniños, srematou na Asociacións de Veciños O Cruceiro de Mehá, onde tras breves intervencións do Coordinador, Manuel R. Carballeira e da Presidenta da AA. VV. Luz Marina Torrente, as asistentes, disfrutaron de petiscos e convivio.

“Para salvar a Ría e a via, Reganosa ten que estar fóra” foi o lema escollido para a Marcha que decorreu este ano. Ao longo destes anos houbo varias sentenzas contra Regonsa, como a do Tribunal Supremo que anulaba plan de emerxencia exterior.

En 2016 a Xunta converteuse no segundo maior accionista de Reganosa despois de pagar 8,9 millóns de euros por unha parte das accións de Gasifica, entidade na que están asociados os grupos enerxéticos Gas Natural Fenosa e Unión Fenosa Gas.