Máis de 8.000 estudantes tomaron parte no referendo sobre a Lei galega de educación

94% dos votos apostaron nesa lei como alternativa á Lomce, o Plan Boloña e o 3+2, segundo os convocantes, Erguer.

Máis de 8.000 estudantes tomaron parte no referendo convocado para que estes opinasen sobre a lomce, o plan Boloña e a alternativa da Lei galega de educación. Son datos dos convocantes da consulta,m Erguer, na que 94% dos votos responderon si á pregunta “Consideras que precisamos unha alternativa á LOMCE, ao Plan Boloña e ao 3+2 en forma de Lei Galega de Educación?”. Un 4,5% votou non e 2,5% en branco e nulo. O refrendo decorreu durante outubro e novembro en 70 centros de ensino medio e universitario dunha ducia de comarcas do país.

 

A responsábel de organización de Erguer, Iria Figueroa, destaca que os resultados son “aínda máis esmagadores do que agardabamos” e afirma que se demostra que “cando o estudantado participa na proposta de alternativas para a construción doutro modelo de ensino”.

 

Erguer convoca para esta quinta feria, 16 de novembro, unha greve no ensino secundario e universitario, baixo o lema “Nin LOMCE nin pacto entre elites. Por unha Lei Galega de Educación”. Figueroa explica que “o debate do ensino parece estar desterrado da axenda política, coa Subcomisión do Congreso sen sequera reunirse e con toda a polémica que xerou a LOMCE agochada, como se a suspensión das reválidas arranxase o grande problema de fondo que esta lei formula.

 

Erguer. Estudantes da Galiza convoca mobilizacións no día da folga ás 12 da mañá nas sete cidades galegas e ademais en Moaña, Cangas do Morrazo, Vilagarcía de Arousa, Lalín, Melide e Ribeira.