Máis de 40 localidades galegas mobilízanse este 12 de xaneiro por Palestina
A Galiza volverá saír á rúa esta segunda feira, 12 de xaneiro, para denunciar que non pode haber paz mentres continúen a ocupación e o xenocidio en Palestina. Baixo o lema "Non é paz con ocupación e xenocidio. Liberdade para Palestina", están convocadas concentracións en máis de corenta localidades do país.
As mobilizacións, promovidas pola Coordenadora Galega de Solidariedade con Palestina, queren visibilizar a "pasividade da comunidade internacional", o "silenciamento mediático" e o que consideran a falacia dun discurso de paz que ignora a realidade da poboación palestina. A coordenadora reclama o fin inmediato da ocupación, o respecto ao dereito internacional e a garantía dos dereitos humanos.
As concentracións desenvolveranse de maneira simultánea, maioritariamente ás 20 horas, en cidades e vilas de todo o territorio galego, desde as principais urbes até concellos do interior e da costa.
Desde a organización fan un chamamento á participación contra o "silenciamento mediático" e manter viva a denuncia pública fronte á inacción internacional.
Estas son as mobilizacións convocadas:
A Coruña – 20 horas · Obelisco
A Estrada – 20 horas · Praza do Mercado
A Guarda – 20 horas · Praza Avelino Vicente
A Pobra do Caramiñal – 20 horas · Xardíns Valle-Inclán
Allariz – 20 horas · A Barreira
Ares – 20 horas · Praza da Constitución
Betanzos – 20 horas · Fonte de Diana a Cazadora
Brión – 20 horas · Praza do Concello
Cangas – 20 horas · Diante do Concello
Carballo – 20 horas · Praza do Concello
Cedeira – 20 horas · Praza do Concello
Chantada – 20.30 horas · Praza do Cantón
Compostela – 20 horas · Praza do Toural
Corcubión – 20 horas · Praza Castelao
Ferrol – 20 horas · Praza do Concello
Foz – 20 horas · Diante do Concello
Lalín – 20.30 horas · Praza da Igrexa
Lugo – 20 horas · Diante do Concello
Melide – 20 horas · Praza do Convento
Monforte – 20.30 horas · Praza de España
Noia – 20 horas · Diante do Concello
O Barco – 20 horas · Praza do Concello
O Carballiño – 20 horas · Praza Maior
O Porriño – 20.30 horas · Praza do Concello
Ourense – 20 horas · Subdelegación de Defensa
Ponteareas – 20 horas · Diante dos Xulgados
Pontedeume – 20 horas · Praza do Concello
Pontevedra – 20 horas · Praza da Peregrina
Redondela – 20 horas · Diante do Concello
Ribadavia – 20 horas · Praza Maior
Ribeira – 20 horas · Praza do Concello
Salvaterra de Miño – 19.30 horas · Praza do Concello
Tui – 20 horas · Praza da Inmaculada
Val Miñor – 20 horas · Cruce da Ramallosa
Verín – 20 horas · Praza do Concello
Viana do Bolo – 20 horas · Praza Maior
Vigo – 20 horas · Farola de Urzáiz
Vilagarcía – 20 horas · Praza de Galiza
Vilalba – 20.30 horas · Praza da Constitución
Vilar de Barrio – 20.30 horas · Praza do Toural
Viveiro – 20 horas · Praza Maior