Máis de 250.000 sinaturas piden a Bruxelas que faga público o seu informe sobre o sinistro de Angrois

A iniciativa está impulsada pola Plataforma de vítimas do tren Alvia. “A divulgación do documento é imprescindíbel para dar luz sobre as causas do accidente” no que falaceron 80 persoas.

En apenas 7 días, 250.000 sinaturas reunidos para demandar á Unión Europea que faga público o seu informe sobre a investigación das causas do sinistro, un documento que naceu do compromiso adquirido pola UE para coas vítimas do sinistro e as súas familias nunha viaxe que fixeron, coa delegación do BNG, a Bruxelas. Había un compromiso de facer público o informe informe no primeiro trimestre de ano mais non se cumpriu. “Néganse entregar o documento en base a unha serie de excepcións”, afirman desde a plataforma de vítimas.

A petición e recollida de sinaturas foi publicada na plataforma change.org hai unha semana polo vicepresidente da asociación, que perdeu un fillo no sinistro, un accidente con 80 falecidos e no que unicamente o maquinista está imputado na instrución xudicial. “A divulgación do documento é imprescindíbel para deitar luz sobre as causas do accidente e garantir a seguridade do transporte ferroviario”, aponta. “Máis aínda cando a Comisión europea ten aberto un procedemento de infración contra o Estado español por vulnerar a Directiva de Seguridade Ferroviaria 2004/49/CE".