Máis de 200 persoas autoincúlpanse polo despexo dunha familia en Aríns

[Imaxe Galiza Contrainfo]

Na cuarta feira (28 de xaneiro) presentarán nos xulgados de Compostela as autoinculpacións perante o xuízo de faltas a 4 activistas.

 

Stop-Desafiuzamentos Compostela recompilou nunha semana máis de 200 apoios perante o xuízo de faltas que enfrontan 4 activistas. En forma de autoinculpacións as asinantes aseguran teren estado na concentración contra o despexo dunha familias de Aríns estafada por un prestamista francés

No marco desa mobilización un forte despregamento policiail rematou con 4 persoas detidas acusadas dun delito de "resistencia á autoridade". Entre elas, a persoa nomeada pola comisión xudicial como mediadora entre as partes, Brais González. 

Neste senso, desde o colectivo denuncian un presunto delito de "falsidade documental" no atestado policial redactado pol@s axentes desprazad@s até Aríns e que se producíu unha "detención ilegal" do mediador quen foi "placado" por "6 policías" e acusado, posteriormente, de "resistencia á autoridade", explicou en declaracións á Cadena SER, unha das súas portavoces, María. 

Desde Stop-Desafiuzamentos Compostela aseguran que están a sufrir un "ataque policial" por defenderen que a "vivenda é un ben intocábel" como recoñece a Constitución española de 1978. "Como denunciamos" que a vivenda se tornou "nun ben para a especulación", dixo, "veñen a por nós".