Máis de 1,7 millóns de persoas na Galiza contan xa coa pauta completa de vacinación contra a Covid-19

Varias persoas mozas acoden a vacinarse en Compostela.Foto: Arxina
Galiza administrou máis de 3,5 millóns de vacinas contra a Covid-19 desde o inicio do proceso de inmunización

Máis de 1,9 millóns de galegos e galegas das máis de 2,4 millóns a inmunizar contan con polo menos cunha dose da vacina contra a Covid-19, deles 1.738.140 persoas xa teñen a pauta completa. Administráronse 3.510.424 dose das 3.544.615 recibidas até a data, que representan 8.806 postas máis, un 99,03% das almacenadas.

Até a data, 1.738.140 persoas da poboación diana a inmunizar na Galiza conta coa dobre pauta, após finalizar o proceso 4.282 persoas máis que o día anterior.

Por condición de vulnerabilidade, os datos actualizados por Sanidade reflicten que se administrou polo menos unha dose a 15.468 persoas de alto risco (+10) e 15.016 completaron a pauta (+19); mentres que 17.643 dependentes non institucionalizados recibiron polo menos unha dose (+4) e 17.488 contan coa pauta completa (+7). Ademais, 26.577 persoas institucionalizadas recibiron como mínimo a primeira picada (+4) e 26.453 finalizaron o proceso (+6).

En canto ás persoas vacinadas por probabilidade de exposición, 73.220 traballadoras do ámbito sanitario recibiron polo menos a primeira dose (+6) e 72.225 están inmunizadas (+73). Así mesmo, administrouse a primeira inxección a 27.441 profesionais do ámbito sociosanitario e 27.003 contan coa pauta completa (+70).

Tamén recibiron como mínimo unha dose da vacina contra a Covid-19 no conxunto da Galiza, 44.719 persoas que desenvolven traballos esenciais e 43.20 completaron o proceso (+446).

No tocante ás persoas que foron citadas a vacinarse pola súa idade, a 1.723.250 cidadáns administróuselles polo menos unha dose (+4.943) e 1.533.033 teñen a pauta completa (+3.660). 

 

Grupos de idade

Por grupos de idade, recibiron polo menos unha dose até o momento 131.334 persoas maiores de 85 anos (+9); 96.165 de 80 a 84 anos (+5); 134.422 de 75 a 79 anos (+2); 153.005 de 70 a 74 anos (+7); 162.240 de 65 a 69 anos (+99); 176.793 de 60 a 64 anos (+49); 182.582 de 55 a 59 anos e 195.907 de 50 a 54 anos (+44).

A elas súmanse 203.786 persoas de 45 a 49 anos (+92) e 192.496 de 40 a 44 anos (+97). Deste xeito, até agora foron vacinadas 396.282 persoas de 40 a 49 anos, un 89,45% duns 443.000 habitantes desta franxa de idade.

Así, até o momento recibiron polo menos unha dose 1.628.730 persoas maiores de 40 anos na Galiza, que supoñen un 94,68% das 1.720.101 chamadas a vacinar na Comunidade galega a partir desa idade --segundo os datos globais do Ministerio de Sanidade.

Así mesmo, foron vacinadas 138.013 persoas de 35 a 39 anos (+356) e 105.317 de 30 a 34 anos (+1.960), o que supón 243.330 cidadáns de entre 30 e 39 anos, un 75,26% duns 323.300 a inmunizar na Galiza nesa franxa de idade.

Tamén recibiron polo menos unha dose 38.663 persoas de 25 a 29 anos (+2.222); 9.996 de 20 a 24 anos (+39); 7.405 de 15 a 19 anos (+14) e 195 de 10 a 14 anos (+5).

Por tanto, 1.928.319 persoas recibiron polo menos unha dose da vacina contra a Covid-19 en toda Galiza, que constitúen un 78,56% da poboación diana a vacinar na Comunidade galega.