Localizado o menor de 17 anos que levaba desaparecido desde a sexta feira en Compostela

Cristian Pérez Domínguez, desaparecido a pasada sexta feira en Santiago. (Foto: SOS Desaparecidos)
A Asociación SOS Desaparecidos, que publicara a alerta da súa desaparición esta mesma segunda feira, desactivouna tras ser localizado.

O mozo de 17 anos do que non se tiñan noticias desde am pasada sexta feira en Santiago de Compostela foi localizado esta segunda feira.

Fontes próximas ao caso confirmaron que se presentou unha denuncia da desaparición na comisaría da Policía Nacional da capital galega.

Con todo, os primeiros indicios apuntaban a unha desaparición voluntaria, aínda que se tentaba localizalo, en colaboración con outras forzas de seguridade, para dar co seu paradoiro e confirmar que se atopaba en bo estado.

A Asociación SOS Desaparecidos, que publicara a alerta da súa desaparición esta mesma segunda feira, desactivouna tras ser localizado.